Inicio

EMI (English Medium Instruction) está a ser empregado por un crecente número de universidades en todo o mundo, entre as que se atopa a Universidade de Vigo e, para axudar a arrostrar o reto que supón impartir docencia en inglés, ao abeiro do Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo, a Vicerreitoría de Estudantes, a través da súa Área de Linguas, pon a disposición da comunidade universitaria EMILAB, un repositorio online con recursos para o profesorado que imparte docencia en inglés, que se actualizará permanentemente. Tamén será de utilidade para a redacción de artigos científicos en inglés e a interacción eficaz en contornas académicas e científicas.

Advertisements