Traballos académicos e presentacións

Como organizo o meu traballo académico?

Hai moitas formas de facelo. Agora ben, na maioría dos traballos académicos escritos en inglés podemos atopar unha estrutura subxacente. A través da ligazón Introducing Work, poderás afacerte con esta estrutura e as expresións máis comunmente empregadas para organizar o teu traballo académico. Se precisas ir máis aló, consulta tamén as seguintes ligazóns:

  1. Start to Finish: Essay Writing
  2. What’s the big idea? Developing and organising your argument
  3. Start to Finish: Dissertations
  4. Dissertations: Choosing your topic
  5. Dissertations: Planning

Hai expresións que podo empregar para indicar a transición entre as distintas partes do meu traballo académico?

Si. Podes atopalas na ligazón Signalling Transition.

E se preciso facer unha clasificación?

Consulta a ligazón Classifying and Listing. É posible que tras a clasificación queiras describir a información que conseguiches: Describing Trends. Ás veces tamén cómpre describir cantidades (Describing Quantities), ou relacións causa-efecto (Explaining Causality) e dar exemplos (Giving Examples).

Como fago referencia ás fontes?

Unha das principais características da escritura académica consiste en facer referencia a outros estudos. Na ligazón Referring to Sources, tes acceso a un amplo compendio de expresións que poderás empregar para referenciar o teu traballo académico. Agora ben, é importante ter en conta que hai estilos ben diferentes: Citation Guides, Ultimate Guide to Harvard Referencing, The MLA Style Center, University of Oxford Style Guide .

Ás veces temos que lembrar ao noso alumnado que é o plaxio: Original Thinking Aloud.

E para incluír o razoamento analítico das miñas fontes?

Poderás atopar as expresións más habituais na ligazón Being Critical.

Se teño que facer unha comparación, hai expresións específicas ás que podo recorrer?

Claro que si. A ligazón Compare and Contrast compendia as expresións máis habituais para facer referencia ás diferencias e ás similitudes.

Como podo definir un novo término técnico que acabamos de acuñar?

Consulta a ligazón Defining Terms, na que poderás atopar distintas formas de explicar o significado do novo termo.

Como describo o meu método?

Moi frecuentemente cómpre describir o procedemento empregado para chegar aos resultados da túa investigación. Na ligazón Describing Methods, poderás atopar expresións utilizadas en traballos académicos para describir o método que se seguiu. Fíxate en que na maioría destas expresións destaca un tempo verbal: o pasado simple.

Que expresións debo empregar para facer referencia ao(s) resultado(s) da miña investigación?

As máis frecuentes podes atopalas na ligazón Reporting Results .

E se quero comparar os meus resultados con outras achegas xa existentes?

Na ligazón Discussing Findings, podes atopar as expresións que se utilizan más frecuentemente. Agora ben, é importante que teñas en conta que en inglés cómpre empregar unha linguaxe que nos leve a un certo grao de indefinición (Hedging). Podes atopar exemplos deste tipo de linguaxe na ligazón Being Cautious.

E as conclusións?

Para escribir as túas conclusións, podes atopar expresións na ligazón Writing Conclusions.

E se acabo de comezar coa investigación?

Nese caso, empeza consultando a ligazón Using English for Academic Purposes: A Guide for Students in Higher Education. Céntrate especialmente nas ligazóns Language e Skills. Non esquezas que a precisión é moi importante na escritura académica. Por iso, tamén podes botar un ollo á ligazón Accuracy.

E se preciso ir máis aló?

Nese caso podes consultar os manuais de estilo que che interesen na ligazón Online Stylebooks.

Aleluia!, por fin rematei o meu traballo académico. E agora que?

Pois é hora de comezar coa revisión lingüística. Visita a ligazón Better safe than sorry, onde poderás atopar unha guía dos pasos a seguir.


Unha parte importante do meu traballo consiste en facer presentacións orais. Existe alguna guía que poida consultar para mellorar as miñas presentacións orais?

Bótalle un ollo ás seguintes lingazóns: Start to Finish: Present like a Pro, Present like a Pro: Visual Victory, Present like a Pro: The Art of Delivery, Present like a Pro: Planning your way to success.

E para mellorar os meus posters?

Designing Effective Posters

Tamén teño problemas cos resumos…

 Consulta a ligazón Abstract Guidelines for Papers

Advertisements